sábado, 22 de junio de 2013
Paisaxe sonora Patricia e Paula
Boa actividade reinvindicativa de Paula e Patrica
Paisaxe sonora nun bus urbano
Estamos a percibir o recorrido dun bus urbano polas distintas paradas da cidade da Coruña, pódese apreciar o motor e o acordeón do bus ao xirar.
Tamén hai outros elementos que podemos percibir como as conversas da xente que está a viaxar, o megáfono anunciando as distintas paradas e tamén a música de ambiente que poñen en todos os buses urbanos.
Outro factor que podemos salientar respecto a intensidade é o motor cando se detén, a intensidade aumenta e diminúe e tamén hai que engadir o son da alarma do bus cando alguèn presiona o botón para avisar a súa parada. Está presente un claxon dun coche.
A conclusión que se pode sacar desta paisaxe sonora é que se percibe moita contaminación acústica, xa que é un conxunto de sons moi caótico e bastante irritante , os elementos que crean esa tensión son principalmente o ruído do motor e do acordeón
Paula e Patrica
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario