lunes, 24 de diciembre de 2012

Boas Festas

Chegan estas datas e estamos todos atoparnos con eses momentos entrañables para desfrutar en compaña. Dedícovos esta panxoliña cos meus mellores desexos para estas festas e un estupendo ano 2013

domingo, 9 de diciembre de 2012

lunes, 3 de diciembre de 2012

¿Qué se precisa para facer música?

Patricia mandoume este estupendo vídeo, estando como estamos a voltas co timbre e a complexidade dos instrumentos. É fantástico ver qué pouco se precisa para facer música cando hai talento.

viernes, 23 de noviembre de 2012

Na Prensa

Isto é o que atopei na prensa de hoxe. E repito, grazas e parabéns. 

La opinión

Cadena Ser



Na Voz de Galicia tamén saiú pero só na versión impresa. Déixovos escaneada a nova. E, desculpade, porque non sei por qué  non está a cor, despois a reviso.








Tamén saíron  en Lugo, 


jueves, 22 de noviembre de 2012

Grazas a todos

Veremos se as nosas reclamacións terán exito e tamén se serán oídas. Polo menos foi unha xornada festiva e divertida, e vemos que a nosa performance é recollida nas axencias nacionais xunto co resto das actividades programadas a nivel estatal. Xa que até onde eu sei a única actividade recollida en Galicia e A Coruña foi a nosa.


cadena ser

euronews

Un saúdo  e grazas a todos por esta mañá

domingo, 28 de octubre de 2012

domingo, 30 de septiembre de 2012

1º podcast do curso Nace unha orquestra

Este é o segundo podcast que imos escoitar, agora vinculado á asignatura de LPM.... Títulase Nace unha orquestra do programa de Fernando Palacios;  El oido atento.





Aquí tedes o cuestionario

O Bacharelato de Música, Danza e Artes Escénicas

 Tal vez non sexa este o mellor lugar para deixar este enlace, pido por adiantado disculpas se a algún de vos  parécelle inadecuado; pero sodes alumnos do bacharelato de Música, Danza e Artes Escénicas, e, contentos ou descontentos, felices ou defraudados, non parece adecuado que os vosos estudos queden no nivel dun experimento fallido.

En primeiro lugar, porque non o creo, estas asignaturas e vos, é o mellor queme ten pasado nos meus anos de ensinante e en segundo lugar, porque realmente este bacharelato era necesario como ponte que conducise ás enseñanzas escénicas no ámbito superior que pouco a  pouco loitn por facerse un oco.

Por iso e porque é a iniciativa dun compañeiro voso, déixovos este enlace

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Lecturas, primeira semana...

Estas son as lecturas que tedes que preparar para o vindeiro mércores

Lecturas



Benvidos á asignatura de Linguaxe e Práctica Musical

Este é o blog da asignatura de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato de Artes Escénicas do IES Salvador de Madariaga. Aquí deixaremos información, exercicios, enlaces e asuntos que nos axuden a seguir a clase. Non deixedes de consultalo, porque vos resultará de axuda.

cortesía de  Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX

domingo, 2 de septiembre de 2012

Non ao bulling

Estamos a principio de curso, e a pesar da nostalxia do verán e os chistes acerca de que nunca é hora de comezar as clases; o certo, é que sempre facémolo cheos de ilusión e bos propósitos. Este curso imos ser máis ordeados, imos traballar máis todos os días. Incorporemos esta mensaxe aos nosos propósitos.

 



lunes, 27 de agosto de 2012

Más artísticas

Pode que este non sexa o mellor lugar para publicitar esta iniciativa, pero dado que a maioría das reformas educativas fanse no verán cando as nosas canles están máis limitadas, non  me queda máis remedio que publicitar esta iniciativa para promover as ensinanzas artísticas en todo o sistema educativo.



Petición a Ignacio Wert para que as ensinanzas artísticas estean en todo o sistema educativo

miércoles, 18 de julio de 2012

Titulación Interesante

Unha boa amiga mandoume este enlace dun Grado en creación musical na Universidade Europea de Madrid. O plan de estudos ten unha pinta estupenda e o perfil do alunmno non pon o acento nos estudos previos, por se a alguén lle parece interesante.

 Grado en Creación Musical 

Feliz verán.

lunes, 11 de junio de 2012

O timbre

Un dos primeiros instrumentos musicais, unha frauta paleolítica Como xa vos indiquei comezaremos esta segunda avaliación falando do timbre, e iso en música supón falar dos instrumentos. Aquí tedes o enlace para ver os apuntes, aínda non están rematados por iso non os teremos na clase até a próxima semana, pero como sei que estades ansiosos ....quen quera irlles botando unha ollada xa pode. Estes apuntes son os dos instrumentos da orquestra, xa vos colgaréi nesta mesma entrada os apuntes da clasificación de Curt Sachs de instrumentos con algúns exemplos de instrumentos do mundo, como introducción á Organoloxía.

lunes, 7 de mayo de 2012

sábado, 28 de abril de 2012

lunes, 16 de abril de 2012

lunes, 2 de abril de 2012

sábado, 31 de marzo de 2012

Grado de Ciencias e Historia da Música da Universidade de Oviedo

Quería darvos a coñecer ests estudos universitarios qué moito teñen que ver coa nosa modalidade de bacharelato. Aquí tedesinformación. Por se non o atopábades doadamente éste é o plan de estudos

miércoles, 28 de marzo de 2012

Os estudos artísticos superiores e o Grado

Para que aquel a quén lle interese afondar no tema, déixovos uns enlaces que vos permitirán facervos unha idea sobre onde está a base do problema e as súas consecuencias. O vídeo dos alumnos que nos permite comprender cál é o problema inmediato para o alumnado. Para facer historia, este interesantísimo blog Oysiao en el Oasis que afonda, que da razóns, que non acusa aos outros de ser os malos senon que trata de responsabilizar a todos os que fixeron que chegáramos a situación actual. A sentencia non foi o problema se non o resulta dunha lexislación anterior errónea. Para que vexades que a reinvindicación ven de antigo. 12 notas pero está de actualidade Otro articulo A coordinadora CEEAASS en facebook

domingo, 25 de marzo de 2012

Novas Profesións.

Noticia interesante, o consello de ministros aprobou catro novas titulacións de fp, entre elas a de dj. Deixovos o enlace
Título de dj

domingo, 11 de marzo de 2012

Mañá luns

Mañá luns, non poderei estar no centro á hora da vosa clase. Así que levade os cuaderniños para traballar neles nesa hora, a ver se por fín avanzamos. Os que teño eu, no vos preocupedes, porque volos deixarei por medio do profesor de guardia.

domingo, 4 de marzo de 2012

DISNEY

Celebremos a fin dos nosos traballos no musescore cos vídeos das cancións que estivemos traballando







domingo, 15 de enero de 2012

Antroido 2012

Comezamos pois con ilusión o proxecto da actuación do Antroido, e como paréceme que vos gustou o vídeo que puxen no aula. Aquí volo deixo. 


martes, 10 de enero de 2012

Charla do 10 de xaneiro do 2012. Animación por Ordenador



Seguro que todos coñecedes e incluso víchedes algunhas destas películas. Hoxe temos no instituto un invitado de excepción, David Caeiro Cebrián, aquí podedes coñecer toda a súa filmografía. Ensinaranos a parte técnica, Cómo se fixeron? Agardo que vos guste, que aprendades moito e que incluso vos interese máis aló da hora da charla.









>





Quén vos vai a explicar todo isto é David Caeiro Cebrián, aquí podedes coñecer toda a súa filmografía