viernes, 16 de diciembre de 2011

Programa de Radio

Como prácticamente todos os alumnos da clase entrades neste blog, imos aproveitar que non está demasiado concurrido para ir publicando aquí os traballos que fagades en Cultura Audiovisual....Noraboa por este programa de Radio


Supoño que coñecedes o links, pero por  facilitar, aquí queda o enlace a páxina de Cultura Audiovisual que vos montou Israel.

Santa Icía

Celebramos Santa Icía, e foi a nosa primeira experiencia como grupo de 1º C. Cousas foron estupendas, e cousas hai que mellorar para a próxima. Vémonos no Antroido.

sábado, 3 de diciembre de 2011

sons que desaparecen

Cando estivemos a escoitar o podcasts de Vía Límite: Soundscapes, un dos temas dos que nos falaba era o de preservar un patrimonio sonora que tendía a desaparecer. Este vídeo de La Voz non é tan poético nin artístico, pero sí nos serve para lembrar á velocidade con que desaparecen os sons. Ata a máquina de escribir de Leroy Anderson xa non é intelixible aos cativos de hoxe. Seguro que moitos de vos xa non identificades e recoñecedes eses sons, pero lembrade que onte na clase de Análise saiu o tema do poder de evocación que teñen os sons e a música. Cada vez que un son característico deixa de existir, estamos perdendo un azo que nos unía coas nosas lembranzas.


martes, 22 de noviembre de 2011

Fin.- premios INVI



 RTVE xustifica cada vez máis a súa función de servicio público e nos regala xoias na súa páxina web, sabedes da miña devoción por algúns dos seus podcasts. Aquí quería compartir convosco algún dos vídeos que levaron os premios INVI, a innovacións en proxectos audiovisuais, porque sei que apreciaredes a súa beleza confluido o medios audiovisuais para transmitir a música de Tchaikovski e a danza clásica



martes, 8 de noviembre de 2011

martes, 25 de octubre de 2011

Practicar dictados

Está e unha páxina que está enlazada en entradas anteriores do blog. De feito é a última entrada do curso pasado co título de páxina de exercicios musicais. Por si vos perdedes nela, porque é unha páxina con moitísimas posibilidades. Aquí vos enlazo as páxinas que poden ser de voso interese. dictado rítmico Por defecto, vos aparece clicado só a primeira opción, traballar en 2/4, 3/4 ou 4/4, negras, corcheas e brancas. Cando vos sintades seguros podedes clicar o seguinte para incorporar silencios das mesmas figuras e puntiños que é o que estamos a facer na clase. e cando o teñades moi seguro, podedes clicar o que está na dereita porque son os ritmos máis sinxelos en subdivisión ternaria, os de 6/8 que son os máis complexos que estamos a traballar na clase. E para os que vos resultou difícil o exercicio melódico, aquí tedes o exercicio para practicalo desta páxina. Por defecto trae exactamente as limitacións que nos fixemos. É dicir, usar o Do (ou si #), Mi (ou fab) e Sol. En principio non modifiquedes nin escalas (non traballamos aínda escalas) nin a oitava, traballamos só na oitava central do piano, nin duración, podedes escoller que vos resulta máis doado, contestar sobre o pentagrama ou sobre o teclado. E para os que vos resultou doado o exercicio, pode ser interesante probar con exericios máis difíciles. dictado melódico

domingo, 23 de octubre de 2011

Musescore

Para quen lle interese traballar e coñecer mellor este programa na casa, este é o enlace desde onde o podedes descargar.Veredes que tamén atoparedes nel instruccións, foros, axudas e múltiples documentacións

 http://musescore.org/es



lunes, 10 de octubre de 2011

SOUNDSCAPES: PAISAXES SONORAS

Tedes aquí ao enlace que vos anunciei.

Agardo que tamén este podcast vos abra unha porta, para que saibades que hai outros camiños para entender o son e para facer música.

Lembrade a data de entrega é o domingo ou o luns se o facedes por escrito. Aquí tedes o cuestionario

Desculpade, xa está o erro correxido. Agora debería ir, probádeo de novo.


domingo, 2 de octubre de 2011

POEMA SINFÓNICO PARA 100 METRÓNOMOS

Unha das máis orixinais obras baseadas nos conceptos de pulso e metro. E este poema sinfónico de Giorgy Ligeti para 100 metrónomos. Unha curiosidades que nos deixou o explorador século XX. Como vedes consiste en poñer en marcha simultáneamente 100 metrónomos cunha moi pequena diferencia entre eles, pero que co transcurso do tempo vai crecendo.

Cancións de traballo

Deixovos aquí unha das máis famosas cancións de traballo. O seu ritmo é un pouco acelerado e nesta versión ten acompañamento isntrumental, por iso ás veces e difícil recoñecela como tal. Pero seguro que vos soa.

martes, 27 de septiembre de 2011

Caos na Cidade

Deixovos a base rítmica que debedes empregar no Jazz
Barcelona, Picassa de Trey Ratcliff

miércoles, 21 de septiembre de 2011

RITMO E PULSO

Aquí tedes o enlace do podcasts Ritmo e Pulso que quero que escoitedes. E aquí o enlace para o cuestionario. Lembrade que debedes entregalo antes do 3 de Outubro.
do picassa de Paolo Morgano baixo a licencia creative commons

A VOAR

A voar....comezamos o curso 2011-2010. Un curso que comezamos con nerviosismo e recortes por todo o país, con confusión e novedades no instituto. Con un pouco de medo, un montón de expectativas e moita ilusión no aula. Brindemos porque o medo desapareza, porque as ilusións non descrezan e porque as expectativas non queden moi frustradas.
sillas voladoras do Tibidabo atopadas no picassa de Carlos Lorenzo, reproducido baixo licencia creative commons

viernes, 8 de julio de 2011

Páxina de exercicios musicais

Esta é a páxina que estaba buscando cando Rima me pediu unha páxina onde puidera practicar dictados ou así. Non a atopei entón, aínda que atopei algo similar pero menos completo. Pero vola colgo agora. É un pouco tarde para algúns "afortunados", pero vos pode servir a algúns.

Veredes que é moi completa e esta preparada para moitos niveis. Tede coidado de empregar as opcións que se correspondan co voso nivel. Tedes dictados rítmicos, de intervalos, de acordes, recoñecemento de armaduras de clave, para practicar as difrerentes claves, os compases, en fin.....que non falta de nada.. ;)




páxina de exercicios musicais

jueves, 7 de julio de 2011

Roubaron o Códice Calixtino

Hoxe é nova de primeira plana, e é posible que moitos nunca o escoitarades mencionar nunca; pero, iso íase solventar para o próximo curso. O Códice Calixtino é un dos grandes monumentos culturais que atesorábamos en Galicia, e nós o imos estudar para o próximo curso xa que aí atopamos algúns dos máis antigos e importantes exemplos de polifonía medieval. Así que é de verdade unha triste nova que nos roubaran este importante patrimonio a toso os galegos. Dan ganas de chorar...

Roubaron o códice calixtino

Stravinsky, BMW e o afán de Perfección.

Deixovos este spot publicitario para desexarvos un feliz vran e que desfrutedes das vacacións, aínda que aquí me podedes atopar para o que precisedes.


E escollino porque paréceme un bo exemplo das razóns polas que a música é un elemento educativo de primeiro orde

miércoles, 15 de junio de 2011

viernes, 3 de junio de 2011

Unha Flash mob diferente

Xa que estades todos moi concentrados estudando os instrumentos, propóñovos un repaso diferente e máis divertido dos instrumentos da orquestra. Esta flash mob na estación do tren en Copenhage...Esta clara a elección do Bolero de Ravel, ¿verdad?

jueves, 26 de mayo de 2011

Lección de solfexo de hoxe

Hoxe tocan os compases de subdivisión ternaria. Seguro que os saen moi ben.

exercicios 6


MICHAEL JACKSON MEDLEY

Xa vos indiquei que me gustaría colgar neste blog calquera cousa que nos guste en clase. Non sempre o poderemos ver na clase, pero sí, todos poderemos ensinar aos demais, cousas que nos chamen a atención, que desfrutamos o simplemente que queramos compartir.

pablo escolleu este fantástico vídeo...

miércoles, 25 de mayo de 2011

O Timbre

Un dos primeiros instrumentos musicais, unha frauta paleolítica
O L do cuadernillo vos indica que entran os instrumentos da orquestra. Porque en realidade é un elemento crucial para comprender e coñecer a música.

Aquí vos deixo o enlace para ver os apuntes, lembrado que os tedes que ler para o próximo mércores, día que solventaremos as dúbidas e escoitaremos algunha obra musical que nos servirá para coñecelos mellro. Estes apuntes son os dos instrumentos da orquestra, para instrumentos que non aparecen na orquestra empregados a clasificación de Curt Sachs.

jueves, 19 de mayo de 2011

viernes, 13 de mayo de 2011

Lección de Onte....

Pois, hoxe, me tedes que desculpar, que a pesar de que fixen onte os exercicios e pensei que os colgara, os gremlins de internet "non sei " onde os levaron....

aquí o tedes

domingo, 8 de mayo de 2011

Visita ao Centro Coreográfico Galego

Creo que desfrutáchedes da visita que fixemos oa centro coreográfico galego, pero a preparación foi tan apresurada, que non nos deu tempo a comentare nin preparar nada sobre o que íamos ver. Aquí vos deixo algúns enlaces para que afondedes, o primeiro é a páxina do centro coreográfico galego

E o segundo, para coñecer os estilos, a aqueles que non lles soaban, tres exemplos das tres especialidades de danza que se estudan nos conservatorios españois.

Ballet clásico



Danza contemporánea



Aínda que as mesturas entre movementos clásicos e danza contemporánea....penso que son aínda máis habituais. Observade esta coreografía de Nacho Duato.



E preguntábades que era a Danza española, aquí tedes un exemplo

jueves, 7 de abril de 2011

Educación auditiva

Para quén me preguntou na clase se habería forma de practicar dictados musicais en internet, xa vos dixen que hai moitísimos lugares...Este ten exercicios moi, moi sinxelos. Moito máis dos que facemos na clase, pero sírvenos para comezar e xa buscaremos cousas para seguir progresando

Educación auditiva

Imos comezar pois cos venres/martes de lectura

Aquí vos deixo a primeira lección para que a practiquedes. Non é complicada así que ánimo.

Exercicios 1

martes, 5 de abril de 2011

Para practicar

Aquí tedes o enlace para practicar os repentes de solfexo...


achegamento á lectura

¿É importante o Solfexo?

xurdiú nalgunha clase a importancia do solfexo, e sorprendeume incluso gratamente, porque tiven experiencias anteriores de que o solfexo é rexeitado por amplos sectores. Ademáis de recoller a vosa petición, gustaríame que escoitárades este podcast para poder comentar esta importante cuestión.

miércoles, 30 de marzo de 2011

Sinfonía Clásica S. Prokofiev

Este é o concerto ao que imos acudir mañá...


Esta versión está sacada dunha gravación antiga dos spitting images (pais dos vellos muñegotes), pero é unha moi boa versión, dirixida por Claudio Abbado, que aquí ten o seu propio guiñol.

Está cortada, porque se tedes o orixinal, inclúe, unha marcha, o celebérrimo Pedro e o Lobo e a Obertura sobre temas hebreos (no primeiro vídeo tedes o final) e remata coa sinfonía clásica.

A Estructura narrativa parte de presentarnos a Prokofiev introducido no olimpo dos clásicos, a ver se logrades recoñecer quén son. Esto é o Primeiro tempo. No segundo Mozart ensina a Pedro os segredos do tempo lento, e o minuet (aquí unha Gavota) como unha caixiña de música. Até que no último tempo Prokofiev é aceptado como un máis dos grandes clásicos.

Desde o min 5:20








Aquí tedes outra versión,




miércoles, 23 de marzo de 2011

martes, 22 de marzo de 2011

¿Por qué Debuxando sons?

Cando abrín o blogue adicado a LPM estiven todo un día devanándome os sesos, pensando en cal sería o mellor nome posible. Quería indicarvos cál era o valor da Linguaxe musical, porque a precisabamos para amar a música. Hoxe atopei este fermoso e fantástico video que nos ensina a maxia de todos eses elementos que tanta rabia nos dan a veces; corcheas, claves de fa, silencioas, calderóns.....Ten uns anos, pero deixadevos transportar por el.

domingo, 13 de marzo de 2011

Curso coro joven de España

Como tedes que entrar a buscar información sobre os ensaios aos que asistimos, póñovos este enlace dun curso de verán no Escorial para un coro joven que seguro que vos pode interesar algún de vos.

jueves, 10 de marzo de 2011

Sinfonía nº 5 de Tchaikovsky. Ensaio venres 15 de marzo

Deixóvos unha traducción do artículo que publicou Isabel Mª Ayala na revista melómano para que vos podades achegar a esta obra que se hai sorte poderemos ir a escoitar o venres no ensaio da OSG. Tamén tedes os enlaces a Vídeos de Youtube para que a poidades escoitar. E por certo, cambiei as versións de youtube, creo que estas son mellores e vos gustarán máis.

Sinfonía nª5 en mi menor, opus 64 , de P. I. Tchaikovsky: “A forza do destino”
Por Isabel Mª Ayala Herrera (Artículo publicado no número 72 -xaneiro de 2003- da revista melómano)


¿Qué extraña forza envolve o Destino que arrastra con ela a vontade dos homes? Os seus designios inescrutables, ocultos e insondables no alcanzan una explicación lóxica na mente humana. Uns buscan a resposta en toda sorte de feitizos proféticos, outros se abrazan á relixión; no extremo oposto sitúanse os que opinan que ol Destino non está escrito e o construimos nós mesmos. Os compositores non foros alleos ao fatum, que atopa no material sonoro un aliado excepcional, insuperable incluso pola palabra. Establecendo un paralelismo entre a 5ª Sinfonía de Beethoven (“o Destino peta á porta”) e a obra que nos ocupa, percibimos a 5ª de Tchaikovsky moito máis “introvertida” e persoal, melancólica e autocompasiva, frente á tolemia arrebatadora da primeira. Neste combate deo microcosmos contra o sobrenatural, acechan ao músico “infinitas dúbidas, queixas e reproches” que fan que se pregunte se acabar voltándose á fe. ¿Qué nos deparará finalmente?

O autor
Piotr Illich Tchaikovsky (Votinsk, 1840 - San Petersburgo, 1893) foi un “romántico no crepúsculo do romanticismo”, en palabras de Javier Alfaya. Poucos compositores presentaron unha loita vital interior tan extrema. A súa obra é, en esencia, humana, e reflicte a súa persoalidade desigual, complexa, desgarrada pero magnificada polo xenio. A autenticidade da súa mensaxe fai que nos apreten as entranas e as veces avergoñámonos diso. Por esta razón, a crítica tachouno en ocasións de excesivo sentimentalismo e dun marcado formalismo xermanizante frente ao xenuino grupo de “os poderosos Cinco” (Balakirev, Borodin, Rimsky-Korsakoff, Cui y Mussorgsky). Stravinsky, na súa Poética Musical, falaba do “nacionalismo eslavófilo” de dito foco e, por outra parte, do talento romántico, o gusto polos contemporáneos franceses e a absorción da depurada técnica alemana de Tchaikovsky. Non obstante, o líder da facción cosmopolita ou “eropea” da música rusa do momento, foi permeable á influencia da “tendencia oposta” (sobre todo, de Balakirev), do folclore e das modas musicais (música de danza e de salón). Neste sentido, foi considerado por expertos como L. Kearney, como unha ponte entre dúas beiras: entre Este e Oeste, nacionalismo e cosmopolitismo, tradición e innovación, tenrura e agresividade, incluso entre masculinidade e feminidade.

Vitalmente, foi un home de carácter hipersensible e reflexivo, según Alfaya, amante da natureza, gran lector e viaxeiro (ficou a fascinación de Florencia e París). Suliñando algunhas circunstancias biográficas como o abandono do seu posto como funcionario no Ministerio de Xustiza para adicarse por completo á música; a estreita amizade existente entre o compositor e o su maestro, o famoso pianista Anton Rubinstein; o ingreso no Conservatorio de Moscú; o seu nefasto matrimonio para acabar as murmuracións de homosexualidade e, sobre todo, a extrana relación mantida coa súa protectora e mecenas Nadezhda von Meck, coa que estableceu unha rica correspondencia, a pesar de que nunca chegouna a coñecer en persoa. Colleitou grandes éxitos no extranxeiro como amosa a gran cantidade de xiras, concertos e conferencias; porén, non puido ser profeta na súa terra. Nunha ocasión exclamou apesadumbrado: “Ninguén le nada sobre mín nos xornais de Rusia. É unha gran lástima. O público ruso debe saber que un músico ruso, con independencia de quén sexa, levou a bandeira da súa arte nativa con honra e distinción polos grandes centros europeos”. O recoñecemento que alcanzou ao final da súa vida, avalado polo seu nomeamento como Doctor Honoris Causa na Universidade de Cambridge, viuse enturbiado, non obstante, polas oscuras circunstancias que rodearon o seu deceso.

No plano musical admirou a Mozart ( a súa paixón pola música naceu de escoitar fragmentos de Don Giovanni na orquestra familiar), a quen consideraba un Cristo da composición. Tamén influiron nel os románticos alemanes, en especial, Mendelssohn ou Schumann, contemporáneos franceses como Gounod, Massenet, Delibes o Saint-Säens e nacionalistas da talla de Grieg. Tchaikovsky, como figura poliédrica, intentou atopar autenticidade na composición de xéneros non sinfónicos como o ballet ou a música incidental. As súas obras máis coñecidas caracterizanse pola beleza melódica, na que demostra un don casi innato, a sotileza rítmica, o dominio da orquestración, o desenvolvemento temático nas sinfonías, a veces abstracto, o efecto de dramatismo intenso nas súas Óperas e a evocación altamente literaria dos seus poemas sinfónicos. Todo iso, unido ao poder de lirismo innato e ao concepto de arte como comunicación, fixeron posible que na actualidade asistamos a unha revalorización do xenio que se sitúa entre los cumios da música occidental con prolongacións e influenzas que chegan a sorprendernos.

O sinfonismo de Tchaikovsky


Tchaikovsky achegouse ao xénero sinfónico con maestría. Xunto as ballets e concertos, as súas seis sinfonías constitúen un episodio central no seu repertorio. Nelas debátese, segundo Plantinga, entre exigencias de tradición formalista e a súa predilección por un programa expresivo e emocional de acontecementos, a modo de auténtico “drama sen palabras”. Estas divídense, de forma natural, en dous grupos: o primeiro, marcado por un vigoroso estilo de indudable encanto melódico e pola exploración estructural, o compoñen a nº1, en sol menor Soños de Inverno, a nº2 en do menor Pequena Rusia e a nº3 en re maior Polaca, escritas entre 1866 e 1875. O segundo grupo foi considerado pola maioría de críticos e musicólogos como un gran tríptico final, definido por unha consistente individualidade porén, en opinión de David Brown, amosan unha diversidade remarcable. O carácter episódico, perceptible nas tres primeiras sinfonías, se contrarresta nas últimas grazas a un procedimento cíclico que acentúa o seu sentido dramático, realzado a través da utilización de temas motto recurrentes. A Sinfonía nª4, en fa menor, composta en 1877 e adicada á dona von Meck, foi durante moito tempo a favorita do seu autor. O tema do destino e o final triunfal a enlazan coa nº5, escrita once anos máis tarde. Xunto coa persoal Sinfonía nº6 “Patética” de 1893, a Quinta é a máis célebre do compositor. Ambas constitúen o pináculo da expresividade tchaikovskiana pois combinan as esixencias da tradición formalista co programa expresivo e emocional de acontecementos dun gran pathos retórico. Estas sinfonías só son superadas en popularidade polas máis gloriosas de Beethoven.

A Quinta Sinfonía

Na primavera de 1888, tras unha das súas xiras europeas máis importantes, na que coñece a Brahms e a Grieg e escoita unha sinfonía do novo R. Strauss (que calificou de insincera e antinatural), o compositor decide apartarse do “mundanal ruido”. Apuntouse que Tchaikovsky sufría de certa neurastenia crónica que lle impedía desfrutar, e incluso, dixerir os festexos e ovacións que poucos compositores coñeceran en vida. Por iso, instálase en Frolovskoie, en pleno campo, lugar que o seduce por completo: “Namoreime absolutamente de Frolovskoie; esta bisbarra paréceme o ceo na terra”. Nesta nova residencia recobra a inspiración e comeza a escribir unha nova sinfonía do seu “cerebro embotado”. Cara o 30 de maio, estaba xa metido de cheo na composición da 5ª, tarefa que combina coa composición da obertura Hamlet. A principios de Agosto comezou a orquestración que conclúe nunhas tres semanas, co que quería amosar ao mundo que “non había morto”. Xa anunciamos que a correspondencia do compositor é riquísima e, grazas a ela, podemos inferir os cambios continuos na valoración da súa propia obra como reflicto da persoalidade insegura e fluctuante do músico. Así, o 19 de agosto escribiu a von Meck: “Agora que a sinfonía está rematada podo dicir que, a Deus grazas, non é pior que as outras. ¡Esta certeza éme agradable!”. Pouco despois, as primeiras probas faran furor entre os seus amigos de Moscú, sobre todo en Taneiev, como se deduce das súas cartas: “Meus amigos están en éxtase polo da sinfonía, pero haberá que ver cómo a reciben o público e o mundo musical de San Petersburgo”.

Como se dun vidente se tratara, non errou nos seus pronósticos. A obra foi estreada na Sociedade Filarmónica de San Petersburgo, o 5 de Novembro do mesmo ano, xunto ao Concerto nº2 para piano, baixo a dirección do propio Tchaikovsky. A crítica recibiú fríamente a sinfonía. Ivanov atopaba a Quinta inferior á Segunda e a Cuarta, e con reminiscencias de Francesca da Rímini; calificaba de brillante a orquestación, pero non estaba dacordo no uso excesivo dos ventos. Estes comentarios influiron na consideración da partitura por parte do seu autor, quen comezaba a preguntarse se estaba no comezo da fin. Dita conciencia de fracaso producíalle gran angustia: “A sinfonía voltouse demasiado florida, grandiosa, insincera e prolixa; moi desagradable, en resume”. Poré, poucos meses despois, ocurriu un feito que devolveu o optimismo a Tchaikovsky. En Marzo de 1889, viaxa a Hamburgo para dirixir, entre otras obras, a nº5, que adicara a algúns críticos de dita ciudade. Allí coincidiu con Brahms, quien amablemente asistiu ao primeiro ensaio. Trala súa lectura, a obra foi ben acollida pola orquestra e polo compositor alemán, salvo o último movimento. A exitosa estrea tivo lugar o 15 de Marzo e, a partir desta data, a sinfonía volveulle gustar ao seu autor e comezou a cautivar ao público. En Nova Iorque, a principios da década dos noventa, afirmaría: “Parece como se eu fora dez veces máis cñecido en Norteamérica que en Europa. Hai algunhas pezas miñas que seguen sen ser conocidas en Moscú; aquí as tocan varias veces por temporada e escriben artículos enteiros sobre elas. Tocaron a Quinta Sinfonía nos dous anos pasados, Non é divertido? Nos ensaios os intérpretes brindáronme unha acollida entusiasta”.
Estructura
A Sinfonía nº5 en mi menor divídese en catro movimentos (Adagio-Allegro con anima; Andante cantabile con alcuna licenza; Allegro moderato; Andante maestoso- Allegro vivace) nos que aparece, baixo variadas formas, unha idea directriz. Pese a non basearse nun programa detallado, continúa na liña da nª4, baseada tamén no “mal dos tristes”, o Destino. A instrumentación adoptada para levar a cabo estes propósitos é a usual: tres frautas, resto de madeiras a dous, uatro trompas, dúas trompetas, tres trombóns, tuba, timbais e corda.

1. Adagio-Allegro con anima


Nunha folla de bocetos, Tchaikovsky anotara unha especie de guión dramático: “Introducción: sumisión total ante o destino ou, o que é o mesmo, ante a predestinación ineluctable da providencia”. A atmósfera propicia consíguese grazas á presentación en pianissimo do tema cíclico nos clarinetes, fagots e corda no rexistro grave a modo de coral sombrío e triste. Intúense certas reminiscencias de marcha polo compás de subdivisión binaria e a utilización do motivo con puntiño. O “tema con motto”, que expresa a resignación humana, incorpora unha cita do Trío do Acto I de Unha vida polo zar de Glinka. O Allegro (6/8) comeza cun primeiro tema airoso e inquedo (quizáis a vontade de vivir?) das madeiras sobre breves acordes das cordas, ese ritmo, anacrúsico enérxico, será moi recurrente. Este amplíase ata chegar a un “estoupido de fanfarrias delmetal sobre a súa célula inicial”. A tensión ascende súbitamente e uns lamentos lembran, en certo modo, os “murmurios, dúbidas e reproches” que se anunciaban no boceto. O segundo tema, máis cantabile, lévanos á luz co seu modo maior e o harpexio en pizzicato, e mergúllanos no clímax da música de ballet (precedente do vals do terceiro movimento) cunha das melodías máis fermosas e expresivas do músico, que culmina nun fortissimo lembrando o impulso rítmico inicial. O desenvolvemento, bastante libre, basease na superposición de temas, ritmos, dinámicas, intervalos de 5ª descendente. Conclúe o movimento coa reexposición de abundante colorido e unha coda baseada no ritmo inquidante que camiña sobre un pulso de metais e que finalmente vaise perdendo.



2. Andante cantabile con alcuna licenza



A forza do “tema con motto” non precisa tregua polo que Tchaikovsky se adentra ainda máis na profunda expresividade do que constitúe un dos seus movimentos lentos máis logrados. O boceto programático refírese a este segundo movimento como segue: “II. No valería máis entregarse por completo á fe? O programa é excelente se consigo chegar a realizalo”. Estructurado coa forma de lied ternario, comeza cunha noble melodía na trompa, á que se lle une o clarinete e o oboe en contrapunto. Tras este pasaxe, continúa unha segunda idea de lirismo extremo, confiada as cellos, seguidos dos violíns na mesma nota “dolorosa e resignada”. Na sección central (Moderato con anima), iniciada por un gracioso dúo de clarinete e fagot adornado con trinos, volta con forza o tema cíclico nas trompetas, distorsionando e ensombrecendo a melancolía anterior. Éste reaparece na terceira parte nos violíns, morrendo o movimento cunha serenidade recobrada.



3. Allegro moderato



Se as dos incursións do motivo do destino eran, no segundo tempo, un tanto violentas, a sú entrada ao final do seguinte vals, danza predilecta del compositor - que aquí sustitúe ao Scherzo-, é tan modesta como benigna. Destaca no terceiro movimento o compás ternario do vals, as súas ornamentacións cheas de elegancia, e el motivo inicial que vai pasando polos distintos instrumentos. A parte central vólvese máis inqueda e intrépida cun insistente staccato, voltando o tema cíclico, con tristura contida, antes do final.

4. Andante maestoso- Allegro vivace







Na introducción para o Finale, xa en tonalidade maior e con impronta propia, o tema, porén, anuncia algún trazo de ameaza que se afirmará en forma de coral grandioso. Este canto de victoria simboliza, según algúns autores, o triunfo desesperado do destino e, según outros, a gloria da fe, ainda que Tchaikovsky non estivera profundamente convencido das súas creenzas nesa época. O movimento convírtese case nunha festa que culmina con toda a “pompa e circunstancia” dos instrumentos de metal e a reaparición do tema principal do primeiro movimento, agora apoteósico. Porén, en opinión de Brown, as reiteracións escuetas e baldías na coda teñen un timbre vacío que fan que este tempo sexa o máis feble e, de feito, o que menos convencía ao compositor.

En conclusión, esta obra asómbranos polo dinamismo da escritura orquestral que é levado ao extremo mediante a construcción de zoas de clímax extendidas ata un punto que roza a histeria. A manipulación de cores tonais escuros, por outra banda, consigue crear a típica atmósfera de melancolía das sinfonías tchaikovskianas. Sexa como fora, o final queda aberto, e pide a gritos unha interpretación individual e unha escoita activa, convirtíndose a música “nun instrumento de comunicación dos desexos e as esperanzas humanas”. Se nalgún tempo a arte de Tchaikovsky foi rexeitada en nome da modernidade, hoxe atópase plenamente xustificado nos senderos posmodernos onde o sentimento revalorízase frente á razón.


jueves, 24 de febrero de 2011

Sinfonía Fantástica de Berlioz

Este é o ensaio da sinfónica ao que imos asistir mañá, a ver si coñecendoo previamente o podemos desfrutar máis.


Sinfonía Fantástica de Berlioz


Desenvolvemento Musical

- PRIMEIRO MOVEMENTO: Soños e paixóns. (Un músico novo namórase dunha
muller que reúne todos os encantos do ser ideal. Baixo os efectos do opio — do que Berlioz era adicto — os delirios da paixón do músico avivados por unha idea fixa cuxa melodía personifica á muller amada). A partitura ábrese cun Largo en do menor, que representa o soños dun amor ideal. Dito tema non é orixinal, tomándoo Berlioz dunha melodía que el mesmo compuxo na súa época adolescente sobre uns versos da Romanza de Estela de Florian. A melodía, suavemente sincopada, xera en si mesma distintas acentuacións rítmicas e encadéase lixeiramente a un Allegro axitado e apassionato assai cun tema moi vivo nos violíns. A partir dun acorde de Do maior aparece a idea fixa (Dobre salto de agudos, Sol-Do, e logo, Sol-Mi). Moitos especialistas viron o futuro leitmotiv wagneriano nesta idea fixa. Porén, a diferencia radica en que esta idea fixa fai honor ao seu apelativo e apenas se transforma, caso contrario ao recurso empregado por Wagner. Existe una clara concordancia entre este tema e o motivo de introdución precedente; de feito, as tres primeras notas forman unha célula temática moi explotada no curso da obra, e non no sentido dun desenvolvemento senon, máis ben, de sucesión de variacións que van dramatizando o discurso musical. Pese a iso, resulta obvio que a última exposición obedece ao principio da recapitulación, co tema acelerándose de forma vertixinosa, e que vai desembocar nunha fermosa cadencia de acordes amplos e amablemente sereos.



SEGUNDO MOVIMIENTO:O baile. A partir do minuto 4.51 do vídeo. (En medio
do tumulto dunha festa, a idea fixa imponse de manera casi fantasmagórica). É un movemento inconfundible de vals, dunha exquisita elegancia, que cumple a función do tradicional scherzo na estructura sinfónica e que parece suscitar unha extrana sensación de irrealidade. Comeza suave nas cordas e vese escoltado polo sotil chisporroteo rítmico das harpas. Porén, o tema vese interrumpido pola aparición da idea fixa que parece querer unirse ao baile fusionándose coa pauta rítmica do mesmo, que cunhas inquietantes modulacións que nos parecen inclinarse polo calmo modo maior. Tras uns extraordinarios compases de transición, a sección de corda expñon brillantemente o tema ao unísono, rítmicamente punteado polas madeiras. Os papeis intercambianse por uns momentos e a melodía desenvolvida polas madeiras se ve suliñada polos pizzicati da corda. Logo dun episodio desenfrenado (Maxistralmente escrito) o clarinete solista eleva a idea fixa, sobre un fondo de harpas e dobrándose posteriormente en terceira co outro clarinete. Sen solución de continuidade, a corda en tutti desplega de imprevisto a coda final co tema do vals pasando da corda grave á aguda nun episodio de gran virtuosismo e arriscada orquestración. De todo este sensacional movemento é xusto sinalar o partido que Berlioz logra quitar das harpas, algo ata entón verdadeiramente inédito.




- TERCEIRO MOVEMENTO: Escea no campo. A partir do minuto 1.36 do vídeo.
(Durante unha noite de vran, no campo, a idea fixa ven turbar a dozura dun dúo pastoril. Todo se ensombrece. Unha treboada lonxana e logo o silencio e a soidade).
Algúns autores apuntan a posibilidade de que Berlioz se inspirase na Pastoral de Beethoven – a escoitara recentemente — para compor este fragmento que ocupa o tradicional movemento lento dunha sinfonía. Sexa como sexa, o movemento iníciase cunha bucólica atmósfera na que dialogan oboé e o corno inglés tratando de imitar aos caramillos de dous pastores. Tras este episodio, unha longa melodía — claramente relacionada coa idea fixa — elévase na corda como expresión dos soños de tenrura e esperanza. Tanto se parecen as melodías que a idea fixa aparece no rexistro grave das cordas e os fagots dun xeito ameazante. Seguidamente, un gran tutti da paso a unha serie de variacións da melodía expostas polo clarinete seguido polo debuxo dos segundos violíns e violas en pizzicato ao que segue un solo dos segundos violíns coa melodía na súa forma orixinal. Sobre unha imitación do bruar da treboada (A diferencia de Beethoven, Berlioz sí pretende imitar acústicamente a treboada), o movemento remata cunha breve réplica dos diálogos iniciáis.



-CUARTO MOVEMENTO: Marcha ao suplicio. A partir do minuto 5.39. (O músico soña que matou a súa amada e lle conducen ao patíbulo. Reaparece a idea fixa como un derradeiro pensamento de amor interrumpido polo golpe fatal da guillotina). Neste movemento, que cambia bruscamente coa atmósfera do anterior, sucédense dous temas tras unha pesimista introducción en metales baixos que desemboca nun espectacular redobre de timbal. A un primeiro frío, sombrío e implacable, exposto pola corda grave, se lle contrasta outro a modo de fanfarria, brillante e decidido, que estoupa en trompetas e madeiras en Si bemol maior. Tras unha repetición da fanfarria, a orquestra vaise “cargando” ata culminar cun violento estoupido (Bombo, timbais, pratos) que, intentando desvaecerse en van, volve a extoupar con toda potencia. Tras un episodio que nos lembra vagamente a Schubert pola súa estructura rítmica, a idea fixa aparece no clarinete pero é cortada bruscamente por un seco acorde (O golpe de guillotina) seguido por tres pizzicati da corda. Tras un angustioso silencio, un bravo acorde en Sol maior, repetido 16 veces, elévase sobre o fondo victorioso da percusión. Prodixiosa orquestración dun movemento que sirve para o lucimento de todo o conxunto interpretativo, director incluido.



- QUINTO MOVEMENTO: O soño dunha noite de sabbat. A partir do minuto 0.24. (Entre ruidos extranos, xemidos e risotadas, o desgraciado músico vese nos seus propios funerais durante o sabbat. É a última aparición da melodía fixa, convertida agora nunha danza grotesca que se mestura cunha diabólica orxía mentres se cumple a ceremonia fúnebre ao son dun paródico Dies irae). Este último movemento é o máis desenfrenado e visionario, onde o opio desprega todo tipo de alucinacións tanto no relato como, probablemente, no propio compositor. Despois dunha misteriosa introducción, no compás vinte aparece a idea fixa grotescamente exposta polo requinto en Mi bemol. Os episodios caricaturescos sucédense: Os trombóns ouvean ao unísono antes que as campás dunha igrexa repitan tres toques durante once veces, mesturándose a continuación co Dies irae que xurde en sucesivas entradas: Primeiro, no rexistro grave de tubas e fagots; logo, unha oitava máis alto cos trombóns e trompas; e cada vez con maior aceleración rítmica, con máis notas en cada compás. O motivo da danza do sabbat aparece un tanto deslavazado e logo desenvolvido en forma de fuga mentres parodia do Dies irae resoa en contrapunto para imporse finalmente. O movemento conclúe cunha apocalíptica brillantez, cun enorme protagonismo na familia dos metais.



Traducinvos a guía de audición que o departamento da OSG nos enviou para preparar o ensaio ao que asistimos, o enlace o tedes arriba. Pero non atopo o autor.

Guía de audición 1

Guía de audición 2

domingo, 13 de febrero de 2011

Os oficios da cultura

Hoxe unha boa amiga mandoume este enlace dalgúns programas colgados na páxina de RTVE, que me pareceron vos poderán interesar,


Os oficios da cultura

lunes, 31 de enero de 2011

Sinfonía nº 6 de Sibelius

Como ben lembrades o xoves imos asistir a un ensaio da OSG. Neste ensaio imos escoitar a sinfonia nº 6 de J. Sibelius, que é o autor nacional de Finlandia, un autor do século XX cunha linguaxe tremendamente persoal. No estupendo libro de Alex Ross titulado "O ruido eterno" sobre a música do século XX este é o seu comentario sobre esta obra:

"Sibelius estaba en la cúspide de sus poderes. Pero su interior albergaba ya poquísima música: Las sinfonías Sexta y Séptima, el poema sinfónico Tapiola, música incidental para The Tempest (La tempestad) de W. Shakespeare, un puñado de piezas menores y la fantasmagórica Octava. Su búsqueda de una síntesis sinfónica final hacía del proceso de composición una empresa ardua que rozaba lo imposible. Repentinamente insatisfecho con la forma fluida que había desarrollado en la Quinta, empezó a soñar con una masa borrosa y continua de sonido sin divisiones formales: sinfonías sin movimientos, óperas sin palabras. En vez de escribir la musica de su imaginación, quería transcribir el ruido mismo de la naturaleza. Pensaba que podía oír acordes en los murmullos de los bosques y en el sonido del agua de los lagos al lamer la tierra; en una ocasión dejó perplejos a un grupo de estudiantes finlandeses al dar una conferencia sobre la serie de armónicos de un prado. Cualquier cosa que conseguía poner sobre un papel le parecía mala e inadecuada. Como muestran las revisiones de la Quinta, examinaba sus propias creaciones con una mirada despiadada, arremetiendo salvajemente contra ellas como si fueran los garabatos de un estudiante inepto. 


Los presagios de silencio abundan en las últimas obras de Sibelius. Como escribe Hepokoski, las narraciones teleológicas no terminan en un ambiente victorioso, como en la Quinta Sinfonía, sino en la "disolución", la "composición", la "extinción". La Sexta Sinfonía recuerda al espíritu sobrio y neoclásico de la Tercera, con modos antiguos apuntalando la armonía; es como si el compositor estuviera intentando huir a un pasado mítico. Sin embargo, coros brutales de instrumentos de metal siguen hundiéndose en las tenues texturas de la cuerda y asomando entre las pulcras filas de los danzarines instrumentos de viento-madera. Un episodio traumático detiene en seco el último movimiento: en la versión de Hepokoski, los motivos de la naturaleza que representan los pinos y el viento rasgan el majestuoso diseño rotacional y lo hacen pedazos. El proceso continúa durante uno o dos minutos, pero los  motivos de se desmoronan ante nuestros oídos y, la música se repliega hacia la música delgada e irreal para instrumentos de cuerda con la que empezó. "


As actividades propostas para este concerto teñen moito que ver co que estamos a facer na clase. Así que vos invito a que as fagades para o próximo luns, aquí tedes o enlace.