domingo, 30 de septiembre de 2012

1º podcast do curso Nace unha orquestra

Este é o segundo podcast que imos escoitar, agora vinculado á asignatura de LPM.... Títulase Nace unha orquestra do programa de Fernando Palacios;  El oido atento.





Aquí tedes o cuestionario

O Bacharelato de Música, Danza e Artes Escénicas

 Tal vez non sexa este o mellor lugar para deixar este enlace, pido por adiantado disculpas se a algún de vos  parécelle inadecuado; pero sodes alumnos do bacharelato de Música, Danza e Artes Escénicas, e, contentos ou descontentos, felices ou defraudados, non parece adecuado que os vosos estudos queden no nivel dun experimento fallido.

En primeiro lugar, porque non o creo, estas asignaturas e vos, é o mellor queme ten pasado nos meus anos de ensinante e en segundo lugar, porque realmente este bacharelato era necesario como ponte que conducise ás enseñanzas escénicas no ámbito superior que pouco a  pouco loitn por facerse un oco.

Por iso e porque é a iniciativa dun compañeiro voso, déixovos este enlace

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Lecturas, primeira semana...

Estas son as lecturas que tedes que preparar para o vindeiro mércores

Lecturas



Benvidos á asignatura de Linguaxe e Práctica Musical

Este é o blog da asignatura de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato de Artes Escénicas do IES Salvador de Madariaga. Aquí deixaremos información, exercicios, enlaces e asuntos que nos axuden a seguir a clase. Non deixedes de consultalo, porque vos resultará de axuda.

cortesía de  Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX

domingo, 2 de septiembre de 2012

Non ao bulling

Estamos a principio de curso, e a pesar da nostalxia do verán e os chistes acerca de que nunca é hora de comezar as clases; o certo, é que sempre facémolo cheos de ilusión e bos propósitos. Este curso imos ser máis ordeados, imos traballar máis todos os días. Incorporemos esta mensaxe aos nosos propósitos.