martes, 25 de octubre de 2011
Practicar dictados
Está e unha páxina que está enlazada en entradas anteriores do blog. De feito é a última entrada do curso pasado co título de páxina de exercicios musicais. Por si vos perdedes nela, porque é unha páxina con moitísimas posibilidades. Aquí vos enlazo as páxinas que poden ser de voso interese.
dictado rítmico
Por defecto, vos aparece clicado só a primeira opción, traballar en 2/4, 3/4 ou 4/4, negras, corcheas e brancas. Cando vos sintades seguros podedes clicar o seguinte para incorporar silencios das mesmas figuras e puntiños que é o que estamos a facer na clase. e cando o teñades moi seguro, podedes clicar o que está na dereita porque son os ritmos máis sinxelos en subdivisión ternaria, os de 6/8 que son os máis complexos que estamos a traballar na clase.
E para os que vos resultou difícil o exercicio melódico, aquí tedes o exercicio para practicalo desta páxina. Por defecto trae exactamente as limitacións que nos fixemos. É dicir, usar o Do (ou si #), Mi (ou fab) e Sol. En principio non modifiquedes nin escalas (non traballamos aínda escalas) nin a oitava, traballamos só na oitava central do piano, nin duración, podedes escoller que vos resulta máis doado, contestar sobre o pentagrama ou sobre o teclado. E para os que vos resultou doado o exercicio, pode ser interesante
probar con exericios máis difíciles.
dictado melódico
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario