martes, 27 de septiembre de 2011

Caos na Cidade

Deixovos a base rítmica que debedes empregar no Jazz
Barcelona, Picassa de Trey Ratcliff

miércoles, 21 de septiembre de 2011

RITMO E PULSO

Aquí tedes o enlace do podcasts Ritmo e Pulso que quero que escoitedes. E aquí o enlace para o cuestionario. Lembrade que debedes entregalo antes do 3 de Outubro.
do picassa de Paolo Morgano baixo a licencia creative commons

A VOAR

A voar....comezamos o curso 2011-2010. Un curso que comezamos con nerviosismo e recortes por todo o país, con confusión e novedades no instituto. Con un pouco de medo, un montón de expectativas e moita ilusión no aula. Brindemos porque o medo desapareza, porque as ilusións non descrezan e porque as expectativas non queden moi frustradas.
sillas voladoras do Tibidabo atopadas no picassa de Carlos Lorenzo, reproducido baixo licencia creative commons

viernes, 8 de julio de 2011

Páxina de exercicios musicais

Esta é a páxina que estaba buscando cando Rima me pediu unha páxina onde puidera practicar dictados ou así. Non a atopei entón, aínda que atopei algo similar pero menos completo. Pero vola colgo agora. É un pouco tarde para algúns "afortunados", pero vos pode servir a algúns.

Veredes que é moi completa e esta preparada para moitos niveis. Tede coidado de empregar as opcións que se correspondan co voso nivel. Tedes dictados rítmicos, de intervalos, de acordes, recoñecemento de armaduras de clave, para practicar as difrerentes claves, os compases, en fin.....que non falta de nada.. ;)




páxina de exercicios musicais

jueves, 7 de julio de 2011

Roubaron o Códice Calixtino

Hoxe é nova de primeira plana, e é posible que moitos nunca o escoitarades mencionar nunca; pero, iso íase solventar para o próximo curso. O Códice Calixtino é un dos grandes monumentos culturais que atesorábamos en Galicia, e nós o imos estudar para o próximo curso xa que aí atopamos algúns dos máis antigos e importantes exemplos de polifonía medieval. Así que é de verdade unha triste nova que nos roubaran este importante patrimonio a toso os galegos. Dan ganas de chorar...

Roubaron o códice calixtino

Stravinsky, BMW e o afán de Perfección.

Deixovos este spot publicitario para desexarvos un feliz vran e que desfrutedes das vacacións, aínda que aquí me podedes atopar para o que precisedes.


E escollino porque paréceme un bo exemplo das razóns polas que a música é un elemento educativo de primeiro orde

miércoles, 15 de junio de 2011

repaso instrumentos exame

Vouvos colgar aquí uns enlaces que vos permitirán repasar na casa os exercicios de audicións referentes ao timbre que faremos na clase.


Tarefa Especial A .- "Danza Árabe" do Cascanoces. P.I. Chaikovsky




Versión visual

Tarefa Especial A. -Berceuse do Paxaro de Lume. I. Stravinsky