Mostrando entradas con la etiqueta miscelanea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta miscelanea. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de junio de 2013

Palabras, palabras, palabras....(conferencia + Concerto)

Me place recomendaros un plan para el domingo




domingo 2 de xuño ás 12:00 h - Museo de Belas Artes da Coruña, A Coruña
Palabras, palabras, palabras... (conferencia + concerto)

Emilio Lede (musicólogo) Maite Dono (poeta)

Vertixe Sonora Ensemble





Prezados amigos e amigas,



Vertixe Sonora ten o placer de convidarvos ó concerto presentación do ciclo Do Audible que baixo o título Palabras, palabras, palabras... terá lugar o vindeiro domingo 2 de xuño no Museo de Belas Artes da Coruña. Consiste nunha charla e concerto de hora e media de duración onde se abordan diferentes formas de relación entre música e palabra.



Esperamos contar coa vosa presenza,



Vertixe Sonora Ensemble

www.vertixesonora.net

viernes, 23 de noviembre de 2012

Na Prensa

Isto é o que atopei na prensa de hoxe. E repito, grazas e parabéns. 

La opinión

Cadena Ser



Na Voz de Galicia tamén saiú pero só na versión impresa. Déixovos escaneada a nova. E, desculpade, porque non sei por qué  non está a cor, despois a reviso.








Tamén saíron  en Lugo, 


jueves, 22 de noviembre de 2012

Grazas a todos

Veremos se as nosas reclamacións terán exito e tamén se serán oídas. Polo menos foi unha xornada festiva e divertida, e vemos que a nosa performance é recollida nas axencias nacionais xunto co resto das actividades programadas a nivel estatal. Xa que até onde eu sei a única actividade recollida en Galicia e A Coruña foi a nosa.


cadena ser

euronews

Un saúdo  e grazas a todos por esta mañá

lunes, 27 de agosto de 2012

Más artísticas

Pode que este non sexa o mellor lugar para publicitar esta iniciativa, pero dado que a maioría das reformas educativas fanse no verán cando as nosas canles están máis limitadas, non  me queda máis remedio que publicitar esta iniciativa para promover as ensinanzas artísticas en todo o sistema educativo.



Petición a Ignacio Wert para que as ensinanzas artísticas estean en todo o sistema educativo

miércoles, 28 de marzo de 2012

Os estudos artísticos superiores e o Grado

Para que aquel a quén lle interese afondar no tema, déixovos uns enlaces que vos permitirán facervos unha idea sobre onde está a base do problema e as súas consecuencias. O vídeo dos alumnos que nos permite comprender cál é o problema inmediato para o alumnado. Para facer historia, este interesantísimo blog Oysiao en el Oasis que afonda, que da razóns, que non acusa aos outros de ser os malos senon que trata de responsabilizar a todos os que fixeron que chegáramos a situación actual. A sentencia non foi o problema se non o resulta dunha lexislación anterior errónea. Para que vexades que a reinvindicación ven de antigo. 12 notas pero está de actualidade Otro articulo A coordinadora CEEAASS en facebook

domingo, 25 de marzo de 2012

Novas Profesións.

Noticia interesante, o consello de ministros aprobou catro novas titulacións de fp, entre elas a de dj. Deixovos o enlace
Título de dj

martes, 10 de enero de 2012

Charla do 10 de xaneiro do 2012. Animación por Ordenador



Seguro que todos coñecedes e incluso víchedes algunhas destas películas. Hoxe temos no instituto un invitado de excepción, David Caeiro Cebrián, aquí podedes coñecer toda a súa filmografía. Ensinaranos a parte técnica, Cómo se fixeron? Agardo que vos guste, que aprendades moito e que incluso vos interese máis aló da hora da charla.









>





Quén vos vai a explicar todo isto é David Caeiro Cebrián, aquí podedes coñecer toda a súa filmografía

lunes, 19 de diciembre de 2011

jueves, 7 de julio de 2011

Stravinsky, BMW e o afán de Perfección.

Deixovos este spot publicitario para desexarvos un feliz vran e que desfrutedes das vacacións, aínda que aquí me podedes atopar para o que precisedes.


E escollino porque paréceme un bo exemplo das razóns polas que a música é un elemento educativo de primeiro orde

miércoles, 15 de junio de 2011