martes, 26 de octubre de 2010

Páxinas pautadas


En clase as veces comentamos da vantaxe de ter follas pautadas, pero sempre comentamos de que os formatos habitualmente á venda, non nos resultan cómodos. Pois ou ben as follas son pequenas, ou ben son pequenas as pautas. Atopei esta páxina que pode server para solucionar o problema a algún de vos. Podemos imprimirmos os pentagramas, no tamaño ou agrupación que mellor nos convenga.


follas pautadas

lunes, 11 de octubre de 2010

A Voz Humana

Para evitar que teñades moita repetición nas clases. Imos saltarnos o tema da voz humana que xa díchedes en Expresión Vocal, pero para que poidades refrescar algúns datos vos deixo este interesante vídeo.

sábado, 9 de octubre de 2010

A notación no pentagrama



Como se nos están a producir dúbidas en cómo sinalamos as notas segundo as octavas ás que pertencen, vos reproduzo unha imaxe onde están explicadas todas as oitavas co seu nome e simboloxía. Aínda así, lémbrovos que nós nas transcripcións empregamos só o nome das notas xa que a altura sonora nola sinala o pentagrama.

lunes, 27 de septiembre de 2010

CAOS NA CIDADE






Time Groove. Bob Taylor


Aquí tedes a base rítmica de caos na cidade. A ver se marcha


Estiven revisando o enlace que vos dín, e funciona perfectamente. Salvo que empreguedes o windows media. Probar a baixarvos o VLC que funcionan mellor con case todos os arquivos sonoros. Tamén funciona; que xa o comprobei, o quicktime player


http://vlc-media-player.softonic.com/descargar


Descargádevos o que pon que é gratuito.

sábado, 25 de septiembre de 2010