domingo, 30 de septiembre de 2012

O Bacharelato de Música, Danza e Artes Escénicas

 Tal vez non sexa este o mellor lugar para deixar este enlace, pido por adiantado disculpas se a algún de vos  parécelle inadecuado; pero sodes alumnos do bacharelato de Música, Danza e Artes Escénicas, e, contentos ou descontentos, felices ou defraudados, non parece adecuado que os vosos estudos queden no nivel dun experimento fallido.

En primeiro lugar, porque non o creo, estas asignaturas e vos, é o mellor queme ten pasado nos meus anos de ensinante e en segundo lugar, porque realmente este bacharelato era necesario como ponte que conducise ás enseñanzas escénicas no ámbito superior que pouco a  pouco loitn por facerse un oco.

Por iso e porque é a iniciativa dun compañeiro voso, déixovos este enlace

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Lecturas, primeira semana...

Estas son as lecturas que tedes que preparar para o vindeiro mércores

Lecturas



Benvidos á asignatura de Linguaxe e Práctica Musical

Este é o blog da asignatura de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato de Artes Escénicas do IES Salvador de Madariaga. Aquí deixaremos información, exercicios, enlaces e asuntos que nos axuden a seguir a clase. Non deixedes de consultalo, porque vos resultará de axuda.

cortesía de  Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX

domingo, 2 de septiembre de 2012

Non ao bulling

Estamos a principio de curso, e a pesar da nostalxia do verán e os chistes acerca de que nunca é hora de comezar as clases; o certo, é que sempre facémolo cheos de ilusión e bos propósitos. Este curso imos ser máis ordeados, imos traballar máis todos os días. Incorporemos esta mensaxe aos nosos propósitos.

 



lunes, 27 de agosto de 2012

Más artísticas

Pode que este non sexa o mellor lugar para publicitar esta iniciativa, pero dado que a maioría das reformas educativas fanse no verán cando as nosas canles están máis limitadas, non  me queda máis remedio que publicitar esta iniciativa para promover as ensinanzas artísticas en todo o sistema educativo.



Petición a Ignacio Wert para que as ensinanzas artísticas estean en todo o sistema educativo

miércoles, 18 de julio de 2012

Titulación Interesante

Unha boa amiga mandoume este enlace dun Grado en creación musical na Universidade Europea de Madrid. O plan de estudos ten unha pinta estupenda e o perfil do alunmno non pon o acento nos estudos previos, por se a alguén lle parece interesante.

 Grado en Creación Musical 

Feliz verán.

lunes, 11 de junio de 2012

O timbre

Un dos primeiros instrumentos musicais, unha frauta paleolítica Como xa vos indiquei comezaremos esta segunda avaliación falando do timbre, e iso en música supón falar dos instrumentos. Aquí tedes o enlace para ver os apuntes, aínda non están rematados por iso non os teremos na clase até a próxima semana, pero como sei que estades ansiosos ....quen quera irlles botando unha ollada xa pode. Estes apuntes son os dos instrumentos da orquestra, xa vos colgaréi nesta mesma entrada os apuntes da clasificación de Curt Sachs de instrumentos con algúns exemplos de instrumentos do mundo, como introducción á Organoloxía.